domingo. 10.11.2024
El tiempo

Lembran á empresa eólica e á Xunta a necesidade de realizar o proxecto arqueolóxico da mámoa do Monte Perrol

mámoa Monte Perrol
Lembran á empresa eólica e á Xunta a necesidade de realizar o proxecto arqueolóxico da mámoa do Monte Perrol

A mámoa do monte Perrol, ubicada na Cabeza de Carneiro e Perrolúa, é unha das mámoas más grandes que temos na nosa contorna mais, segundo indican dende a Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, é probablemente das máis esquecidas.

A Asociación denuncia de que a Declaración de impacto ambiental formulada pola dirección xeral de calidade e avaliación ambiental en data 4 de agosto de 2004, relativa ó proxecto do parque eólico Silvarredonda, no concello de Cabana, promovido por Enel Unión Fenosa Renovables, s.a. indicaba que “debe realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos”. E que, para conseguilo, levarían a cabo “o proxecto arqueolóxico autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural”.

Ademais, en relación ao impacto sobre o xacemento da Mámoa, dita Declaración apuntaba que se ían levar a cabo vaias medidas correctoras, tales como a sinalización e balizamento do xacemento arqueolóxico con material non perecedoiro, a preservación do valado tradicional que delimita a finca do xacemento, e a prohibición de calquera tipo de remoción de terras no ámbito de protección legal.

Por último, a Declaración afirmaba que en base aos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha das fases da obra, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural decidiría sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección, tendo en conta que na fase de replanteo se revisarían os impactos e se valoraría a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Sen embargo, dende Petón do Lobo acusan á empresa promotora do parque eólico de limitarse a facer referencia do Plan de seguimento ambienta ao balizamento da mámoa durante a execución do parque eólico e sen nin sequera sinalizala.

“Desde o ano 2004 e na actualidade, a mámoa continúa esquecida.”, afirman dende a Asocaición e apuntan que “o propio concello de Cabana de Bergantiños, obvia calquer referencia a esta mámoa no novo Plan xeral de ordenación municipal arestora en tramitación, contribuindo así máis ao esquecemento do túmulo”.

monte Perrol
Vistas do Monte Perrol

Comentarios