martes. 13.05.2025
El tiempo

Novo curso de cociña para maiores en Cabana

Novo curso de cociña para maiores en Cabana

O Centro de Atención de Persoas Maiores, que radica no Centro do Día de Neaño e cuxa responsable é Erundina Pose Fariña, iniciou o pasado 19 de maio un curso de cociña para persoas maiores de 60 anos. Este curso rematará o vindeiro 5 de xullo.

As sesións formativas celébranse todos os martes de 19 a 21 horas. O obxectivo do mesmo é ensinar ós asistentes unhas receitas de sinxela elaboración a base de produtos da zona. As sesións docentes son impartidas por profesionais de distintos campos da cociña e da alimentación. A nutricionista Sheila Recarey Varela foi a encargada de impartir a xornada inaugural e tamén será a de pechar o curso. Outros docentes que xa pararon por Neaño foron o cociñeiro de Nantón Félix Castiñeira Moreira, Carmen Fariña Mata, Fina Martínez Rodríguez, Magdalena Rama Nantón. Os próximos martes impartirán ensinanzas de cociña Elena Costa Souto, Abilia Soria Rodríguez e Yolanda Fariña Mato.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana da man de Cristina Morandeira.

Comentarios