Venres. 29.03.2024
El tiempo

O 37% dos fondos do POS, empregados polos Concellos para pavimentacións e saneamentos

O 37% dos fondos do POS, empregados polos Concellos para pavimentacións e saneamentos
Obras do POS de Carballo Algunha das obras realizadas nas estradas a través do POS

Aumentar as redes de abastecemento de augas, dotar de saneamento a núcleos rurais que carecen del, crear beirarrúas en estradas transitadas por peóns ou pavimentar camiños en mal estado son algunhdas das obras de mellora de servizos básicos necesarios na bisbarra. E para iso, os Concellos da volta utilizaron os fondos do Plan Único da Deputación.

A entidade provincia fai repaso das obras executadas nos concellos da Costa da Morte coas axudas do Plan Único POS, ese programa que permite a cada concello escoller como empregar os seus fondos. Dous dos fines máis importantes que escolleron os concellos son as pavimentacións e o saneamento, significando 6 millóns de euros na comarca.

Deste xeito, o 37% das achegas do POS+ 2018 na comarca destínase á execución de 55 obras de mellora en camiños e estradas municipais e na rede de saneamento e abastecemento de auga.

Concellos como Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Laracha, Laxe, Ponteceso e Zas decidiron dedicar a totalidade dos fondos provinciais para renovar e aumentar estas prestacións básicas.

 

LISTAXE DE OBRAS DE PAVIMENTACIÓN E SANEAMENTO/ABASTECEMENTO DE AUGA INCLUIDAS NO POS+2018

 

CABANA DE BERGANTIÑOS

Mellora do entorno local social Nantón (2º fase)  81.286,46
Reparación estradas municipais. Escola infantil-Piñeiro, Montefurado-Dequente, Vistalegre-Briño, Áspera-Forca do Lobo 73.299,66
Reparación de estradas en Cardezo, Castro-Baralláns, Padrín-Figueiroa, Os Anles, Erita-Outeiro, Cotaredo, Escola Infantl, Iñaño-Balsa 118.562,44
Reparación de estradas municipais Sinde, Beres, Briño, Borneiro, Soutochan, Esmorisa 131.866,20
Mellora espazos urabnos na estrada AC429 (Cesullas) 67.163,09
TOTAL 472.177,85

CAMARIÑAS

Mellora e acond. da Rúa Nova e rúa Porto de Camelle 130.788,86
Reurbanización rúa Río do Prado. Fase I 183.827,17
TOTAL 314.616,03

CARBALLO

Mellora capa rodaxe do vial municipal dende o lugar de Mirón (Bértoa) ata a estrada DP1902 Carballo-Razo 126.759,76
Mellora da capa de rodaxe no vial de Bolón a Gándara (Sofán) 103.881,34
Mellora capa de rodaxe no vial municipal dende o lugar do Ponte (Bértoa) a O Moucho (Verdillo) 216.334,75
Mellora da capa de rodaxe do vial dende o lugar do Igrexario de Lema ata A Vixia 220.986,06
Soterramento de liñas aéreas no entorno do Igrexario de Rus 44.541,31
Reurbanización das rúas Barcelona e Luis Calvo 422.907,44
TOTAL 1.135.410,66

CEE

Reparación rúa de arriba e tramo da rúa Magdalena 76.383,78
Traída de auga A Sembra 149.998,70
Abastecemento de auga A Pereiriña 150.128,94
TOTAL 376.511,42

CORCUBIÓN

Mellora do saneamento e pavimentación da rúa Salvador Allende e entorno 77.352,15
TOTAL 77.352,15

CORISTANCO

Reposición beirrarúas no lugar de A Braña (Ercebedo) 76.566,55
Mellora da capa de rodaxe de camiños rurais nas parroquias de Cereo, Seavia, Agoalada, Castro e Traba 159.249,44
Recollida de pluviais e afirmado da capa de rodaxe en Cereo 44.402,31
TOTAL 280.218,3

DUMBRÍA

Pavimentación viais en Ansean 31.560,20
Pavimentación vial en Olveira 135.338,85
Camiño cemiterio As Touzas (Olveira) 35.514,93
Pavimentación vial Salgueiros 113.500,06
Pavimentación acceso a Prado (Salgueiros) 84.143,80
Pavimentación vial na Farrapa 62.088,96
Pavimentacións no núcleo de Regoelle 60.535,10
TOTAL 522.681,90

FISTERRA

Mellora de servizos e pavimentación en Erdemesuxo de Arriba, Castro e Sisto 84.667,49
Urbanización rúa Laranxos e Camiño da Insua-Fisterra 115.049,75  
TOTAL 199.717,24

LARACHA

Afirmado e mellora da capa de rodaxe en Golmar e Montemaior 97.059,34
Mellora camiño rural A Xesta-Golmar 52.466,56
Mellora pavimentación e sinalización en Avda. Fisterra 67.699,43
Melloras pavimentación en Caión. Avda Méndez Núñez, Rúa Carrero Blanco, rúa do Carme 63.187,56
Pavimentación e sinalización en avda. Bergantiños (Paiosaco) 92.212,82
Afirmado e capa de rodaxe en Erboredo e Soandres 67.255,61
Beirarrúas e pavimentación en rúa Penela 30.979,61
Pavimentación da 3ª travesía Dr. López Astray e camiños rurais en Ganduma 64.746,88
Afirmado e mellora capa de rodaxe nas parroquias de Cabovilaño, Coiro, Lemaio e Vilaño 181.231,22
TOTAL 716.839,03

LAXE

Reparación de camiños en Serantes 73.307,98
TOTAL 73.307,98

MALPICA

Melloras accesibilidade e pavimentación rúas Emilio González, Os Agros e Orxeira 40.252,66
Senda peonil marxe esquerdo O Vilar-As Rabuceiras 109.780,42
Mellora infraestruturas en Pedreiriña 98.872,83
TOTAL 248.905,91

MUXÍA

(Non financia pavimentacións nin saneamentos con cargo ao Plan Único. Destina os 596.881,28 euros do POS+2018 a gasto corrente e achegas a outros plans)
   

PONTECESO

Pavimentación do vial do Quente ao límite municipal con Coristanco e outros 274.134,59
Pavimentación do núcleo de Cores e outro 136.672,97
TOTAL 410.807,56

VIMIANZO

Reparación e mellora do firme, beiravías e bordos na estrada municipal de Carnio a Serramo 101.750,00
Acondicionamento da praza de Baíñas 74.739,32
Mellora de estradas municipais en Berdoias, Castrelo, Vimianzo, Carnés, Cereixo e Calo 95.900,00
Arranxo de rúa no núcleo urbano de Vimianzo 117.895,27
Mellora de estradas municipais en Carantoña 41.850,00
Mellora de estradas municipais en Cambeda, Baiñas, Serramo, Treos, Salto e Bamiro 88.600,00
TOTAL 520.734,59

ZAS

Aglomerado Vilar-Artón, As Abellas-Brandoñas e enlace San Adrián-Vilar 139.505,17
Mellora de viais de Baizana-Vilar (por A Parrocha), A Costa, A Devesa e acceso a O Cadro 90.947,94
Mellora viais de Sixto-San Cremenzo (por Vilar da Gándara) Sixto-Parga, San Martiño-Rial de Arriba e acesso a ETAP municipal 85.727,48
TOTAL 316.180,59

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/denuncian-vertidos-continuos-de-fecais-ao-esteiro-do-anllons/

Comentarios