Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Dolmen de Dombate rexistrou en xullo un leve descenso de visitantes

O Dolmen de Dombate rexistrou en xullo un leve descenso de visitantes
Un total de 4.396 persoas visitaron o pasado mes de xullo o Dolmen de Dombate. Ainda que a cifra non é mala sí que se nota un lixeiro descenso con respecto a outros anos. Sen ir máis lonxe, en xullo do 2017 o número de visitas foi de 4.781. É dicir, 386 persoas máis segundo os datos facilitados polo servizo de vixiancia e seguridade do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate. O maior número de visitantes recibíronse principalmente durante a fin de semana (sábados e domingos), sendo o domingo 29 de xullo o día de máis visitas cun total de 281 persoas. Nestes datos non figuran as persoas que participaron nas actividades complementarias tales como as visitas nocturnas e as visitas teatralizadas que ofrece a compañía de teatro Os Quinquilláns todos os sábados dos meses de xullo e agosto ás 18 e ás 19:30 horas.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios