O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo
Preguntaba no pleno parlamentario de onte o deputado do BNG, Carlos Aymerich, sobre as razóns que motivaron que o Goberno galego permita a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, na actualidade en trámite de avaliación de impacto ambiental.
O BNG non entende como o Goberno apoiaba un proxecto que entende que "degradará a zona e que tralos 8 anos da concesión, perderanse os postos de traballo, o espazo quedará degradado e os residuos ameazarán o medio”.
E a resposta foi clara. O conselleiro de Industria, Javier Guerra afirmou que a Xunta segue a espera das conclusións do informe de impacto ambiental e de confirmar a seguridade do proxecto, “será apoiado por este Goberno” porque resulta “un proxecto de futuro importante para Galicia coa xeración de máis de 500 postos de traballo directos", unha cifra que o propio Aymerich recoñeceu que "non aparece nin sequera na memoria da empresa”. Un novo uso ilícito e irreal das palabras máxicas: postos de traballo
Aymerich lamentou "constatar, que a Xunta e o alcalde de Cabana “impulsen” un proxecto que provocará unha “grave afección” á comarca de Bergantiños.
O nacionalista engadiu que será construído un encoro de 60 metros de altura para almacenar os lixiviados a unha escasa distancia do ría Anllóns e se referiu ao tempo de explotación da mina, estimado en 8 anos, tralo que, dixo, desaparecerán os “escasos” postos de traballo xerados, e “os residuos” ameazarán o medio por moito tempo.
Ademais o deputado do BNG lembrou que o Parlamento europeo aprobou no ano 2010 unha resolución que prohibe a minaría con cianuro e diversos Estados da U.E prohiben nos seus ordenamentos internos “as tecnoloxías mineiras a base deste composto tóxico”.
Novas relacionadas
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do BNG.