Luns. 16.12.2019
El tiempo

Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol

Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol
Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II, situado en Laxe Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol II, situado en Laxe

Así o recoñece a empresa. Hai 22 elementos patrimoniais (nos concellos de Cabana, Zas e Laxe) que se verán afectados pola liña de evacuación eólica do proxecto eólico de Laxe (Pena Forcada -Catasol II). Unha circunstancia que non lle impediu á Xunta de Galicia declarar o proxecte de “interese especial”, facendo caso dos argumentos da propia empresa promotra Fenosa Wind: “Pese a este gran número e variedade de elementos, o dseño da lñinea non afecta de forma directa a ningún deles, polo que o proxecto se pode valorar como compatible coa protección e conservación do patrimonio cultural do seu ámbito”.

Unha circunstancia que provoca as iras de colectivos conservacionistas como O Petón do Lobo, que recorda a necesidade de coidar o noso patrimonio cultural e natural. Pero para esta Xunta parece clara a maior importancia da “incidencia industrial e social” por riba do respecto ao patrimonio, tal e como demostra a probación da polémica “Lei fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia”.

Por outra banda, o proxecto industrial eólico de Fenosa non valora o impacto da súa afección ao patrimonio cultural no turismo dos tres municipios da comarca de Bergantiños afectados (Laxe, Cabana e Zas), a pesares de que Laxe está recoñecido como municipio de interés turístico, pola propia Xunta de Galicia desde o 10/12/2007.

Os 22 elementos patrimoniais

MÁMOA DE CRUZ DO FURCO, a 397 metros do proxecto. CRUZ DO FURCO, a 316 metros do proxecto. CONXUNTO DA TORRE, a 370 metros do proxecto. MONTE DO CASTRO/SARCES/TORRE XALLÓNS, a 158 metros do proxecto. S-03. CRUCEIRO 42.032 COENS, a 330 metros do proxecto CRUZ DA MINGACHA, a 220 metros do proxecto. TRAS DO FOXO/GÁNDARA MOURA, a 100 metros do proxecto. MORIÑANA, a 97 metros do proxecto. CASTRELO, a 230 metros do proxecto. CASTELO, a 386 metros do proxecto. COTÓN DO MARCO/CASTELO MURIÑO, a 545 metros do proxecto. COTÓN DO MARCO, a 515 metros do proxecto. CASTELO GRANDE DO ALLO, 824 metros do proxecto. CASTRO DE PIÑEIRO, a 495 metros do proxecto. BIC TORRES DO ALLO, a 399 metros do proxecto. MUÍÑO DO REGO SOESTO, a 111 metros do proxecto. CHOZO DAS AREOSAS, a 15 metros do proxecto. VAGONETAS DA MINA DE COÉNS, a 61 metros do proxecto MUÍÑO DO REGO GUNDAR, a 52 metros do proxecto. MÁMOA DO ALTO DO PEDROSO, a 174 metros do proxecto. MÁMOA DE TRAS DA SENRA, a 196 metros do proxecto. MUÍÑO DO REGO FORNELOS, a 18 metros do proxecto. Ademais, menospreza o “Castelo” medieval sinalando que só é un topónimo.

Artigos eólicos

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Fonte

Comentarios