Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os maiores disfrutan do Outono en Cabana

Os maiores disfrutan do Outono en Cabana

Numerosas actividades as que poden disfrutar este outono os maiores do Concello de Cabana de Bergantiños, gracias ao traballo do departamento de Servizos Sociais, en colaboración co departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística.
Ademais das sesións de baile, unha das primeiras sesións levadas a cabo son as aulas de musicoterapia que imparte Silvia Losada nos locais sociais das parroquias de Boneiro, Nantón, Anos, Corcoesto, Cundíns e os lugares da Mata e Riobó. Sesións, que comezaron esta semana, contan cun alto índice de inscrición dado que se anotaron unhas 150 persoas. As sesións comezarán o vindeiro luns día 3 de outubro.

E paralelamente, Cáritas artella as V Xornadas Sociais de Cáritas Laxe-Serantes e Cáritas Neaño - Cesullas.

Os maiores de Cabana van de feira Carballo

Outra proposta é unha saída para maiores de 60 anos á feira de Carballo o vindeiro xoves 20 que servirá como actividade de recordo daqueles tempos nos que os mercados da comarca tiñan grande importancia social. Todas as persoas que queiran participar deberán inscribirse no despacho da educadora familiar ata o 17 de outubro. As prazas son limitadas e cubriránse por rigorosa orde de inscrición. O prezo da viaxe é de 5.00 euros.

A saída da viaxe está programada para as nove da mañá desde a Casa da Cultura. Visitarase a feira de Carballo e acudirase a unha sesión nos Multicines Bergantiños. A volta está prevista para as dúas da mediodía.

Obradoiro de contos e títeres para a coeducación

Os días 15, 22 e 29 de outubro desenvolverase na Casa da Cultura, de 11.00 a 12.40 h., un obradoiro de Contos e Títeres para a Coeducación. A actividade ofértase a nenos e nenas de 3 a 6 anos de todo o concello. O 13 de novembro desenvolverase unha última sesión na que os asistentes poderán presenciar un contacontos animado con monicreques.
O prazo inscrición para participar nesta actividade está aberto ata o 11 de outubro.

Mulleres En Garda!

Por último, baixo o título de EN GARDA! desenvolverase durante os martes e xoves de outubro e novembro un curso de técnicas de defensa persoal dirixido a mulleres maiores de 16 anos. O prazo de inscrición permanece aberto ata o vindeiro 10 de outubro. As prazas son limitadas. As actividades comezarán o día 13 e desenvolveranse de 20.30 a 22.00 h no Pavillón Municipal.

Estas actividades están fianciadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

V Xornadas Sociais de Cáritas Laxe-Serantes e Cáritas Neaño - Cesullas

Hoxe, martes 4 de outubro comezan as V Xornadas Sociais, que van ter lugar no Local Social de Neaño (Cabana de Bergantiños).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Servizos Sociais e do Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios