Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela

Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela
Foto familiar da presentacion da Antoloxia de Cabana de Bergantinos

Foi presentada a “Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños”. Unha obra colleitada e editada por un dos meirandes divulgadores culturais da Costa da Morte. Xosé Manuel Varela Varela leva anos e anos recollendo a cultura popular bergantiñá, e este libro serve para recoller vida e obra de artistas cabaneses como María Baña Varela, Fermín da Feiranova, Hermosinda Varela Lema, Plácido Vigueret e Matilde Vilariño Pose.

Este pasada fin de semana tiña lugar a presentación, con varias xeracións de artistas do verso. Foron numerosas persoas as que ateigaron o local de Neaño, cheo de familiares, amigos e amantes da regueifa, da copla, e da cultura popular.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios