Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

A Ponte de Xabarido necesita un novo proceso de licitación

Concentracion ponte xabarido 2
Imaxe dunha das concentracións veciñais pola Ponte de Xabarido
A Ponte de Xabarido necesita un novo proceso de licitación

Segue a Ponte de Xabarido esperando unha remodelación pedida dende 2014, que se prometía rematar a finais de 2019, pero que segue pendente de renovarse a pesar da continua mobilización veciñal.

O pleno da Deputación celebrado onte, ademais de aprobar unha moción para esixir da Xunta que constrúa a Autovía ata Berdoias, vén de anuncuar a nova licitación a obra da ponte que une os concellos de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, cun investimento de 1,4 millóns de euros. Despois da rescisión do anterior contrato, o ente provincial volve sacar a licitación coa consecuente actualización de prezos.

A actuación consiste na demolición da ponte existente, absolutamente insuficiente e perigosa, e a súa posterior reconstrución, aumentando o ancho do vial e a sección hidráulica de desaugue para adaptalo a unha avenida do río cun período de retorno de 500 anos.

Estrada Lestimoño

O pleno aprobou tamén o convenio co Concello de Ponteceso para financiar as obras das das sendas de Lestimoño, na estrada provincial DP 4307 de Ponteceso a Malpica. As obras suporán un investimento de 1.376.883 euros, dos que 951.518 serán achegados pola Deputación, que xa completou as expropiacións dos terreos necesarios para acometer as obras, por importe de 112.000 euros.
A obra permitirá ampliar a estrada, dotándoa de dous carrís de 3 metros de ancho e beiravías de 30 cm na marxe esquerda e 50 cm na marxe dereita. Para mellorar a seguridade do tránsito peonil construiranse beirarrúas de 2 metros de ancho na marxe esquerda e de 1,80 metros na dereita no tramo de un quilómetro que vai do pq 10+820 ao 11+820.

HISTORIA DA LOITA POLA PONTE DE LANGUEIRÓN

Comentarios