Riobó púxose de voda para celebrar os seus 15 anos de Tarde medieval
Fermosa e auténtica é a Tarde no Medievo de Riobó. Nos seus 15 anos de vida xa se convertiu nunha das festas que máis sinte a veciñanza desta parroquia cabanesa. O cuco lugar de Riobo é un lugar ideal para acoller unha desas manidas feiras medievais, e gracias á súa entregada veciñanza, a festa consegue ter un aquel especial, moito máis auténtico.
Así foi a Tarde – Noite no Medievo, un evento único na comarca de Bergantiños que cada ano reúne a centos de asistentes en torno á igrexa de San Martiño para regresar por unhas horas á Idade Media. Postos de artesanía da zona, as marabillosas filloas á pedra da casa, o churrasco feito pola veciñanza... todo ten un sabor auténtico en Riobó.
A presente edición deu comezo desde primeira hora da tarde coa andaina ata a Torre da Penela, punto no que Os Quinquilláns interpretaron o espectáculo ‘Pena da Penela’. Houbo tamén paseos a cabalo, doces, música, xogos tradicionais e un novo espectáculo, este por conta da meigha Raquel Crespo.
Numerosas agrupacións de música da localidade puxéronlle son á tarde xunto co grupo de danza tradicional Inllar antes do pregón, este ano por conta de Yago Espasandín, e as prevodas medievais que este ano foron testemuña do nacemento de dous novos matrimonios. A continuación, foi quenda para a pitanza do Santo,
A verbena nocturna, a cargo da Banda da Balbina e os Festicultores puxéronlle o broche á décimo quinta edición desta festa.
Máis novas