Venres. 29.05.2020
El tiempo

San Fins abrirá agosto

San Fins abrirá agosto
Non é novidade. Como cada ano polo primeiro de agosto, son algúns os lugares da Costa da Morte que se visten de gala para honrar a San Fins. En Cesullas O San Fins máis coñecido de todo o país celébrase na parroquia cabanesa de Cesullas. Se cadra non é boa idea vestirse de gala para acudir á cita porque o viño caerá por todos os lados. De todos os xeitos, trátase dunha Festa Galega de Interese Turístico. En canto ao programa, o luns 1 de agosto haberá pola mañá dianas e alboradas. Tamén madrugarán as misas, que comezarán ás 09:00h. Ás 13:00h será a quenda para unha misa cantada pola Coral de Cesullas. Logo dos actos relixiosos tocará a Banda de Música Eduardo Pondal de Ponteceso. Despois chegará o cumio da celebración, co Himno a San Fins, o Berro Seco e o Santo de Pólvora. A romaría estará amenizada por unha charanga e uns gaiteiros na hora da merenda. E a nota musical a porán a orquestra Canadá e a orquestra Nevada. O martes 2, haberá dianas e alboradas pola mañá, misas dende as 09:00h. Ás 13:00h haberá misa cantada pola Coral de Cesullas. En canto ás orquestras, actuarán D’Moda e outra orquestra. En Eirón Non son máis modestas as festas da parroquia de Eirón, en Mazaricos. Celébranse nos mesmos días, 1 e 2 de agosto pero vanse centrar por enriba de todo no eido das orquestras. O luns 1 haberá misa ás 13:15h, Sesión vermú coa orquestra Nova Palma, e verbena con Nova Palma e Ciclón. O martes 2 de agosto haberá misa ás 13:15h e sesión vermú coa orquestra Metrópolis. Na verbena actuarán Metrópolis e Panorama.

Máis información festeira

Novas relacionadas

Fonte

comentarios