martes. 13.05.2025
El tiempo

Servizos Sociais de Cabana de Bergantiños organiza unha excursión ás Rías Baixas

Servizos Sociais de Cabana de Bergantiños organiza unha excursión ás Rías Baixas

Trala visita, en vivo a San Andrés de Teixido, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana de Bergantiños organiza unha excursión ás Rías Baixas para todas aquelas persoas maiores de 60 anos e que estean interesadas nesta actividade de lecer. A excursión realizarase o vindeiro xoves 12 de maio. O prazo de inscrición para a mesma abre mañá martes 26 de abril e manterase aberto ata o 9 de maio. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de incrición que se poderá realizar na oficina da educadora familiar. O custo da excursión é de 22,00 €, que inclúe comida e billete en catamarán.

As actividades a realizar nesa xornada son as seguintes. Partirase da Casa da Cultura ás 8 da mañá. Visitaranse as vilas de Combarro, Cambados, O Grove e a illa da Toxa. Comerase ás 14.00 no restaurante San Carlo. Pola tarde, realizarase un paseo en catamarán pola ría de Arousa e desgustaranse mexillóns da ría e viños da terra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana de Bergantiños.

Comentarios