Xoves. 22.04.2021
El tiempo

As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza

Un traballador do transporte apoiando as traballadoras do Consorcio
Un traballador do transporte apoiando as traballadoras do Consorcio
As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza

Xa avanzaban a semana pasada un endurecimento da folga. E onte, a CNT explicaba en que vai consistir a nova fase das mobilizacións das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Fano despois de que a Xerencia se negase a establecer unha mesa de negociación para solucionar a situación de inestabilidade laboral que están sufrindo unhas traballadoras, que levan máis de 12 anos nunha situación irregular provocada pola fraude da propia Xunta que abusou dos contratos de temporalidade, e que agora poden perder os seus postos de traballo.

A medida fundamental será desenvolver folgas de 24h que se repetirá cada dous martes dende o 30 de marzo e ata que se solucione o conflito do persoal temporal. Ademais, as próximas protestas previstas serán o vindeiro venres 19 de marzo ás 12h diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en A Coruña e o martes 30 de marzo, día de folga, ás portas da sede da Xunta de Galicia en San Caetano, advertíndose de que o calendario de mobilizacións continúa aberto.

Apoio da veciñanza

Mentres, ademais das familias usuarias, a veciñanza das vilas afectadas (lembramos os Centros de Día de Muros e Cabana, e as escolas infantís de vilas como Zas, Ponteceso e Malpica) seguen amosando o seu apoio a estas profesionais, as que mellor saben como tratar ás súass maiores ou [email protected]

Vecinas apoiando as traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Novas relacionadas

comentarios