Martes. 19.03.2024
El tiempo

Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras

Usuarias do Centro de Dia de Muros apoiando a folga das traballadoras
Usuari@s do Centro de Día de Muros apoiando a folga das traballadoras
Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras
A semana pasada arrincaba a folga indefinida de centos de traballadores dos servizos que xestiona o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Este xoves, como os vindeiros, continuu con paróns de 8,00 a 11,00 da mañá, cos que as traballadoras queren denunciar a situación laboral irregular que viven dende hai 13 anos por culpa dunha Xunta que agora quere prescindir da súa experiencia convocando unha nova OPE, como explica Lorena Alvite, traballadora do Centro de Día de Muros, e ademais presidenta da ASOCIATEM, que aglutina máis de 300 traballadoras temporais do Consorcio, “coa finalidade de conseguir o que é xusto e legal: a nosa estabilidade laboral”.

Foi unha xornada que serviu para comprobar que as familias e usuari@s dos Centros afectados pola folga apoian ás demandas das traballadoras. A meirande parte son conscientes de que todo isto tamén lles afectará, coa supresión de servizos, e o cambio de profesionais coas que tratar.

Familia usuaria do Centro de Dia de Muros apoiando a folga das traballadoras

”De momento, ninguén contactou connosco para iniciar a negociación co comité de folga, que é obrigatoria”, sinala Alvite. En todo caso, os sindicatos do Comité de Empresa non apoian as mobilizacións e mesmo “están negociando as bases da OPE que nos botará á rúa antes de regularizar os nosos contratos ilegais”, lamentan dende a CNT, o sindicato convocante.

”Falamos de máis de 1000 mulleres as que estamos nesta situación de abuso, que dificilmente podemos arriscarnos a perder os nosos empregos para quedar ao borde da dificultade extrema para saír adiante”, denuncia a Asociatem, que lembra ademais que “Directivas Europeas expresamente prohiben a contratación temporal continuada como tivemos todos estes anos. Pero o señor Feijoo non ten escoitado falar a Europa neste punto, e nada sabe do fragrante incumprimento de tales directivas”.

Ante esta situación piden “xustiza e cordura para non perder os nosos postos de traballo e non desmantelar a rede de servizos municipais e comarcais dos centros do Consorcio, dos equipos ben formados e da forte implantación social e territorial que temos”.

Novas relacionadas

Comentarios