Luns. 14.10.2024
El tiempo

Un novo terremoto fai tremer Bergantiños

Un novo terremoto fai tremer Bergantiños
Terremoto en Laxe-Outubro 2015 Houbo dous terremotos na comarca en apenas unha semana. Se a semana pasada un terremoto de 3,2 sacudía a toda a zona cun sismo marítimo, durante a pasada noite do mércores 14 de outubro, ás 0:17h, tiña lugar un tremor con epicentro no Concello de Laxe, pegado ao Concello de Cabana, preto de Dombate. Foi un movemento de terras de baixa intensidade, 2.5 na escala de Richter, dos que adoita haber uns 1000 movementos ao día en todo o mundo. En todo caso, foi un gran susto para os veciños de toda a bisbarra, pois se sentíu moi forte, e con varias réplicas, na zona bergantiñá, pero ata Vimianzo sentiron o tremor.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios