Os Concellos contarán cun novo investimento para obras de mellora nas estradas


Son hoxe protagonistas as desfeita estradas da bisbarra. E precisamente por iso son protagonistas, porque a Xunta, que segue sen dar novas sobre a parálise da Autovía, vén de informar sobre un investimento conxunto para a mellora de estradas da zona.
O investimento, que chega para “impulsar a modernización e reforma das vías interiores que serven para a comunicación das zonas rurais dos distintos concellos”, e servirá para “manter en bo estado de conservación os camiños e pistas rurais, que en moitos casos son o único acceso posible para numerosos núcleos de poboación”.
Con estas partidas, serán os propios entes locais os que poderán executar as obras que consideren oportunas, axustándose ao montante das respectivas subvencións, que serán dispostas en dúas achegas: ao longo deste ano e do 2014. “Este plan resulta un valioso instrumento que a Xunta pon a disposición dos concellos para a conservación nas mellores condicións destas infraestruturas, que en boa parte posúen un carácter estratéxico”, indicou a delegada territorial.
Investimento Concello a Concello
CONCELLOS | Orzamento |
CABANA DE BERGANTIÑOS | 62.834 € |
CAMARIÑAS | 36.051 € |
CARBALLO | 83.960 € |
CEE | 38.116 € |
CORCUBIÓN | 21.736 € |
CORISTANCO | 62.351 € |
DUMBRIA | 54.021 € |
FISTERRA | 32.284 € |
LARACHA, A | 75.268 € |
LAXE | 40.940 € |
MALPICA DE BERGANTIÑOS | 43.649 € |
MUXÍA | 57.643 € |
PONTECESO | 44.746 € |
VIMIANZO | 58.247 € |
ZAS | 57.160 € |
TOTAL | 769.006 € |
Delegación en competencias urbanísticas
Mentres a Xunta segue asumindo responsabilidades de varios concellos en materia urbanística e tralos concellos de Ponteceso e Ponteceso, a pasada semana foi o alcalde de Cabana o que asinou a adhesión do concello á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), polo que a Xunta asume as competencias urbanísticas de Cabana de Bergantiños.
Este acordo establece que o municipio delega na APLU o exercicio das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en relación coas obras e usos do solo, que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións. As actuacións terían que estar situadas nalgunhas das seguintes clases de solo: rústico e urbanizable, mentres non sexa aprobado o correspondente plan parcial ou de sectorización, así como no ámbito dos núcleos rurais delimitados.
Os ingresos obtidos por multas coercitivas e sancións administrativas impostas en exercicio das competencias delegadas serán repartidos a partes iguais de modo que o 50% pasará á Xunta e o 50% restante ao concello.
Novas relacionadas
- O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
- O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
Fonte
- Xunta.