Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública

O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública
Serxio-Dominguez-Ana-Ponton-e-Sande-presentando-a-proposta-do-BNG-no-Parlamento-sobre-a-Autovia.

Seguimos esperando, alomenos, que se retomen as obras da Autovía, para que algún día, pode que no 2016 como case bromeaba o Conselleiro Agustín Hernández, poidamos disfrutar dunha infraestrtura de comunicación tan vital para o desenvolvemento da bisbarra.

E mentres esperamos, sen levantar demasiado a voz, a problemática chega ao Parlamento da man do BNG. O grupo opositor vén de formular unha Proposición non de lei para o seu debate en Comisión. Unha proposición a través da cal "o Parlamento instará á Xunta de Galiza a resolver o contrato para a construción da Autovía da Costa da Morte coa empresa concesionaria, impóndolle as penalidades previstas no prego, renunciando á fórmula concesional e asegurando a finalización das obras a través da execución dun contrato de execución de obra pública.”

I é que son de sobra sabidos, e mesmo recoñecidos pola Xunta, os problemas de financiamento da concesionaria, e que se están retirando maquinaria e instalacións das obras, causando por certo graves prexuízos a moitos veciños e veciñas que ven as estradas polas que circulan danadas polas obras, sen unha solución que garanta a súa circulación en condicións seguras.

Por iso, dende o BNG consideran "escandaloso que a Xunta adxudicara o proxecto á oferta máis cara e que siga optando por unha fórmula que encarece notabelmente o custe das infraestruturas. De feito, cando remate a concesión o conxunto de galegos e galegas pagaremos catro veces máis que o custe real das obras".

Así, o BNG soliita que a Xunta resolva o contrato coa concesionaria e o realice a través dun contrato de execución de obra pública.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.
>.

Comentarios