Un repaso poboacional aos Concellos da Costa da Morte

09:00 04/01/13
Segue dándonos o Institito Galego de Estatística datos verdadeiramente preocupantes. Por exemplo, no último estudio poboacional destacan que a Costa da Morte perderemos outras 15.000 persoas nos vindeiros 10 anos, contando iso si, as comarcas de Bergantiños e Xallas (sen elas andaríamos sobre os 600 habitantes menos cada ano). Así das case 140.000 actuais contando os 19 concellos da zona, pasaríamos a pouco menos de 124.000 habitantes.
E para facer un bo balanzo sobre a situación de cada Concello, o IGE permítenos unha ferramenta moi útil, para descubrir os datos de territorio, poboación, emprego e economía máis destacables de cada un.
Así, que sen máis, e para que cada un lle bote un ollo ao seu concello e compare, deixámosvos cos widgets de cada un, se ben vos animamos a introducirvos no IGE e atopar máis datos.
Cabana
Camariñas
Carballo
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muros
Muxía
Ponteceso
Santa Comba
Vimianzo
Zas
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).