Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Carballo acolle unha mesa redonda sobre minaría e sustentabilidade

Carballo acolle unha mesa redonda sobre minaría e sustentabilidade
Mesa Redonda sobre Minaria en Carballo sobre a mina de Corcoesto A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños coa colaboración do Concello de Carballo realiza unha nova iniciativa dentro da súa campaña informativa sobre a proxectada mina de Corcoesto. Desta volta trátase dunha Mesa redonda que leva como título ”Minaría, Territorio e Sustentabilidade”.
Esta mesa redonda terá lugar no Auditorio de Carballo, o venres 31 de Xaneiro ás 20 h. e na mesma participarán: Ana Miranda, grupo Verdes-ALE no Parlamento Europeo, ex eurodeputada; Antón Sánchez, deputado no Parlamento Galego; e Xoán Doldán, profesor de Economía Aplicada na USC.

Ana Miranda abordará a perspectiva europea sobre a megaminaría, o marco actual da utilización do cianuro nas tecnoloxías mineiras e as diversas iniciativas que a nivel europeo se teñen realizado realizado sobre a proxectada mina de Corcoesto.

Antón Sánchez fará unha introdución á nova Lei do Solo que proxecta o Partido Popular, as súas graves repercusións no medio rural e o seu impacto na minaría en particular.

Xoán Doldán explicará que o que se esconde tras o concepto de sustentabilidade e a realidade do mesmo cando as empresas mineiras, en particular Edgewater, utilizan este concepto ao referirse á minaría.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios