Unha muller tivo que ser excarcelada tras un accidente en Nantón
Esta mañá de mércores 5 de novembro, volvemos sufrir as consecuencias de ter que usar tanto, a estrada AC-552 que une A Coruña con Fisterra. Falamos dun novo accidente grave, desta volta nas curvas do Rempenín, entre Nantón e Agualada, termo municipal de Cabana.
Trátase dunha saída de vía dun coche, Peougeot 307 gris plata, matrícula BTJ, que acabou colisionando cunha árbore, xusto ao pasar o Bar Rempenín, nunha zona onde a estrada cruzan as esquecidas obras da autovía.
Hai dúas persoas feridas e de feito, unha delas quedou atrapada no interior do vehículo e os Bombeiros de Carballo tiveron que excarcelala. Ademais, debido á gravidade das lesións, requiriuse a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que finalmente, trasladou á persoa ferida ata un hospital de referencia.
O CAE 112 Galicia recibía a chamada dun particular ás 10:41 horas desta mañá e, deseguido, poñíase en contacto con Urxencias Médicas, Bombeiros de Carballo, Garda Civil de Tráfico de A Coruña, GES de Ponteceso e Protección Civil de Cabana de Bergantiños e Ponteceso.
Novas relacionadas
- 22-10-14: Un mozo de 35 anos perde a vida nun accidente laboral en Vimianzo.
- 13-10-14: Un accidente con dous feridos provoca serios atascos en Coristanco.
- Que non te paren! Unha campaña pola Autovía Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).