Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha sobre fusión: 8 Novos Concellos formarían a Costa da Morte

Unha sobre fusión: 8 Novos Concellos formarían a Costa da Morte

Segue enriba da mesa a posible Fusión de Concellos. Trátase dun dos poucos asuntos nos que a día de hoxe converxen as políticas do PP, en plena fase de recortes, coas do BNG, sempre dispostas a reducir o exceso de administración. Entrementres, o que non se molla é o PSOE, que parece non querer deixar clara a súa postura mentres a cidadanía non se manifeste.

I é que o asunto non é algo banal, e de seguro, a veciñanza, sobre todo do mundo rural, vaise opoñer. Quen se imaxina aquí na Costa unha unión de Cee e Corcubión nun hipotético Ceebión? Quen se imaxina que Camariñas e Muxía se convirtan nun Muxiariñas? Pois se aquí o vemos tan lonxano (se ben os nomes de seguro non serán creados deste xeito senón que aproveitarán os xa existentes), dende as administracións xa avisan que é unha posibilidade moi cercana.

Comarcalización ou novos Concellos?

Hoxe coñecemos unha proposta de redistribución territorial do país que Leandro Regueiro puxo enriba da mesa da Xunta. Unha proposta que cambia os marcos para deixar unha Galicia de 142 concellos de máis de 7.500 habitantes.
Unha retristribución que se prantexa fronte a comarcalización, xa fixada dende o 1997, e que parece xa ter unha entidade propia. Así no país temos 53 comarcas, o que reduciría aínda máis as administracións.

Pero por outro bando, non significaría isto alonxar a administración da cidadanía? Algo semellante ao que está acontencendo co desmantelamento dos Partidos Xudiciais?

Redistribución da Costa da Morte

E como non, isto nos afecta, e moito. Se se tratase dunha comarcalización quedaríamos coas 5 comarcas actuais (Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas e Muros). Pero con esta proposta de Regueiro, a Costa da Morte quedaría formada por 7 novos Concellos, partindo ademais polo corazón moitos dos concellos actuais:

Esta sería a redistribución:

  • Os Concellos de Fisterra, Cee, Corcubión e parroquias de Carnota e Muxía crearían un só Concello de máis de 17 mil habitantes.
  • Muros e parte de Carnota formarían outro de 11.00'.
  • Camariñas, Muxía e varias parroquias de Vimianzo crearían outro de 11.000.
  • Diferentes parroquias de Vimianzo, Zas, Muxía, Camariñas e Cabana formarían outro de 9.500 habitantes.
  • Malpica e parte de Ponteceso crearía un de 9.000.
  • Parte de Ponteceso, parte de Cabana e Laxe formarían outro de 7.500 habitantes.
  • Dumbría, parte de Muxía, parte de Vimianzo, parte de Zas e parte de Mazaricos farían o Concello máis grande pero con só 8.000 habitantes.
  • Carballo quedaría algo máis pequeno, con 26.500 habitantes, e Coristanco, parte do Concello de Cabana, e de Carballo, crearían outro máis de 10.500.

Unión, fusión ou mancomunar?

Hai pouco, o Concello de Mazaricos acollía un debate sobre o asunto da man da Asociación Perfecto Sande Braña. Un debate que non chegaba a conclusión algunha, pero sí deixaba enriba da mesa a necesidade da redución da administración e a minimización da dispersión, un dos alicerces da nosa indiosincrasia, pero tamén unha das grandes causas do noso retraso histórico.

Os alcaldes de Carnota, Mazaricos e Muros mativeron opinións a favor da unión de Concellos, que non ven sendo o mesmo que Fusión. De feito, saben que unha postura clara a favor da fusión, propiamente dita, pode ser un suicidio político nos seus municipios.

Pero non é o mesmo "unión" que fusión, e tampouco é sinónimo de "mancomunar servizos", unha proposta que xa está perfilada pero que non acaba de triunfar na zona. De feito, e se ben en Soneira están en proceso de conformación dunha Manocumunidade, a de Fisterra, xa creada hai moitos anos, non vale para absolutamente nada. Nin sequera foron capaces de mancomunar o servizo de recollida de lixo...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios