Martes. 16.04.2024
El tiempo

As usuarias de Íntegro, de visita empresarial

Integro en Agrosoneira
Integro en Agrosoneira
As usuarias de Íntegro, de visita empresarial

Interesante visita a que realizaron esta semanas varias persoas usuarias do Centro Ocupacional Íntegro. A saída, incluída no programa de formación, orientación e inserción laboral, tivo como foco varias empresas da comarca, e pretende potenciar as habilidades ocupacionais e pre-laborais das persoas con diversidade funcional.

Agrosoneira, Eroski, Granxa Os Loureiros e Comercial Benedicto foron os novos destinos deste programa, co que tamén se pretende potenciar as capacidades individuais, a participación na vida social e a mellora da autonomía e a autoestima das persoas con diversidade. Ademais de amosarse interesados/as no funcionamento interno das empresas, os usuarios e usuarias do Centro Ocupacional quixeron coñecer máis a fondo as rutinas de traballo que se desenvolven a diario en cada unha. Quizais coa intención de formar parte delas algún día!

Integro e Agricloa Benedicto

Integro nunha granxa

Integro no Eroski

Comentarios