mércores. 07.05.2025
El tiempo

Vendo as estrelas dende o dolmen de Dombate

Vendo as estrelas dende o dolmen de Dombate
Noite de estrelas no Dolmen de Dombate

Haberá que ir para velo, porque disfrutar do Dolmen de Dombate de noite, ten que ser espectacular. Pois este verán, a catedral galega do megalitismo estará aberta para certas visitas nocturnas durante os meses de xullo e agosto.. De feito, a inauguración desta nova actividade, con nova iluminación, terá lugar este venres.

Estas visitas guiadas veñen a complementar ás que tradicionalmente se organizan en horario diúrno para calquera interesado todos os días da semana do verán, salvo os luns. As visitas nocturnas que se incorporarán nesta campaña se realizarán os venres, comezarán ás once da noite e terán unha hora de duración.
O horario de atención ao público será de martes a domingo de 11.00 a 14.00 e de 16 a 20.00 horas en temporada alta (de xullo a setembro) e durante os meses de inverno, de outubro a decembro, a recepción de visitantes se concentrará nos fines de semana mentres que os grupos de escolares poderán visitar as instalacións os venres. O servizo de atención a visitantes, aos que facilitará información turística e cultural da zona, será a cargo do Concello cabanés.

Actividades complementarias

Entre o resto de iniciativas que o concello se compromete a levar a cabo a través deste convenio está o denominado “tren arqueolóxico de Dombate”, que consiste en percorridos circulares nun tren turístico que terán como principio e fin o centro arqueolóxico.

Ademais, prevense outras accións nos meses de outono e inverno como sesións de contacontos, música e escenificacións teatrais que aproveitarán a acústica do entorno e a cuberta contra as inclemencias do tempo.

Tamén se contemplan obradoiros artesanais diversos no centro de recepción de visitantes, así coma calquera tipo de actividade cultural que poida acoller o centro como charlas de divulgación científica e medioambiental.

Novas relacionadas

Comentarios