Venres. 26.04.2024
El tiempo

5 costeiros que fan historia co FC Deportivo Galicia de Londres

5 costeiros que fan historia co FC Deportivo Galicia de Londres
FC Deportivo de Galicia en Londres Campion da Middlesex County Premier League O FC Deportivo de Galicia en Londres, cheo de costeiros, celebrando o título de campión da Middlesex County Premier League

Está facendo historia o FC Deportivo Galicia de Londres. Este equipo de emigrantes galegos, e repleto de xogadores costeiros, na capital inglesa está moi preto de disputar a competición máis antiga do mundo.

Este ano non teñen parada. Campións de Middlesex County Premier League (a 10ª categoría do fútbol inglés, que aquí se podería considerar algo así como unha Preferente), subcampións de copa e soñando con disputar a 146ª edición da prestixiosa FA Cup, a equivalente á Copa do Rei española. Agora, cumprindo todos os requisitos (xa disputaron a FA Vase o ano pasado, pero caeron derrotados no último minuto 0-1 na casa de xeito inxusto) e sendo campión da última liga, teñen a posibilidade de participar na Copa. A súa praza depende da Federación inglesa, e se ben é certo que a elección non é sinxela, “en Inglaterra gustan historias internacionais como a nosa”, explícanos un dos camariñáns do equipo, Martín Decabo.

Así, hai 933 equipos que xa pediron participar na Copa, pero os galeicos soñan con competir co Everton ou Fulhman sendo o equipo “máis baixo de todos”. O vindeiro 7 de xullo, a Federación dará a listaxe de equipos participantes, e esperan, mentres preparan o asalto á Combined Counties Football League despois do ascenso deste ano, poder participar na FA Cup.

Un gran salto será, en todo caso, a vindeira temporada. Toca ser semiprofesionais, cando o equipo leva sendo toda a vida amateur. De momento están de vacacións, pero en breve empeza a pretemporada, e o primeiro partido xogarán contra a Selección Española en Londres, na que xa xogou o propio Martín.

Os irmans Decabo co FC Deportivo Galicia London Os irmáns Decabo co FC Deportivo Galicia London

Un equipo con historia

Hai que viaxar ao Centro Galego de Londres aló polo 1968 para atopar o xérmolo deste club, cando o equipo con ese nome se fundiu con outro equipo chamado “Deportivo” para formar o que ahora se chama FC Deportivo Galicia de Londres.

As mellores épocas vivíronas nos anos 90, e as peores cara a metade dos anos 2000. Daquela chegaron ao club un par de camariñáns, Leo Docabo e José Andón, para salvar o equipo e manter a flote o barco galego sobre as augas do Támesis. Foi gañando títulos polas ligas rexionais, xogando sempre na capital. Pero o club foi tamén recoñecido como un dos mellores equipos españoles amateurs fóra de España, gañando trofeos en Francia, Alemaña, Bélxica…

”Nos últimos 5 anos a cousa está subindo e subindo”, explícanos o capitán do equipo. “A cousa é moi difícil en Inglaterra, porque a nós gústanos xogar ao tikitaka como a Selección, pero aquí son moi brutos. Pero co tempo, e coa situación que hai agora en España foron chegando máis e máis emigrantes galegos, entre eles, xogadores que estiveron en bos equipos da 3ª, 2ªB… Mesmo temos xogadores que mesmo xogou no Fabril, como o porteiro Manu (de Val do Dubra), de maneira que o nivel vai mellorando. De feito, este ano temos un grupo moi forte e sempre fomos os favoritos para gañar a liga”. E non defraudaron.

É fantástico ver como o fútbol é tamén unha porta aberta á sociedade de verdade, ao mercado laboral, á estabilidade, á felicidade. “A xente nova que foi chegando xa coñecían a presencia do equipo, seguramente a través de Fb e Tw, e se foron achegando a nós para axudar co idioma e a buscar traballo. O Fútbol para algúns deles é a vida”, explícanos Martín, nado xa en Inglaterra e unha das almas do equipo.

Con historia… costeira

Os camarinans Jose Andon e Leo Docabo manteados no FC Deportivo Galicia London Os camariñáns Jose Andón e Leo Docabo, a parella de adestradores do FC Deportivo Galicia London

A historia do FCD é unha historia ligada á Costa da Morte. E se Martín é unha das almas do equipo, que dicir do seu irmán Leo Docabo, o míster. Chegou co tamén camariñán José Andón áo equipo hai máis de 10 anos, e aí seguen ambos á fronte da parcela deportiva.

Ademais tamén forma parte das convocatorias o malpicán Iván Costa ou o liracho, tamén nado nas illas, Juan Cambeiro. Leo, Martín, Andón, Iván e Juan, forman a quinta costeira no equipo.

Juan Cambeiro do FC Deportivo Galicia en Londres con Fernando Vazquez e Martin Decabo Juan Cambeiro (á esquerda) e Martín Decabo, con Fernando Vázquez

Hai tamén xogadores da Coruña, Santiago, Ourense, Vigo… que, contando a directiva, son uns 30 galegos, que compaxínanse de marabilla con outros 15 chicos de outras partes de España, emais algún ingles, marroquí, iraquí ou francés.

Van fomentando a afección para ir ao campo, onde nunca falla ese grupo de parellas, nais e pais, que non queren perder vista. Emocionante foi o último partido de Liga, cando se proclamaron campións, e no que houbo ata xente de España, antigos xogadores, que viñeron para disfrutalo.

Veremos se o curso que vén poderemos velos pisando o céspede, por exemplo, do Goodison Park, o mítico estadio do Everton en Liverpool.

A conecida concelleira camarina Maite supporter do FC Deportivo de Galicia London A popular concelleira camariñá Mayte Castro Carril, curmá dos Decabo, tamén é supporter do FC Deportivo de Galicia London  

Máis información

Fonte

Comentarios