Sábado. 07.12.2019
El tiempo

500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte

500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte
Xa está á venta a 4ª Edición do libro dos autores da Costa da Morte, Jose Manuel Castro Marcote, Manuel Pose Carracedo e Chemi Traba, Setas de Galicia Jose-Manuel-Castro-Marcote-Manuel-Pose-Carracedo-e-Chemi-Traba-autores-do-libro-Cogumelos-de-Galicia

Continuamos coas fins de semana micolóxicas en QPC. I é que chega o outono e cómpre saír ó monte a disfrutar do reino fungi no seu meirande esplendor. Pero ademais, seguimos decatándonos do potencial, natural e persoal, que temos na Costa da Morte na materia.

Xa coñecemos a un dos grandes coñecedores da zona, como é o ceense e colaborador desta José Manuel Castro Marcote. Pero ao seu carón, na Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo, tamén están outro par de figuras: o camellán Manuel Pose Carracedo e o fisterrán Chemi Traba Velay. Os 3 son os autores dun dos libros micolóxicos máis importante do país, como é o libro "Cogomelos de Galicia".

É tal o seu éxito que xa estaba esgotado dende 2008, polo que Edicións Cumio vén de poñer á venta a 4ª edición, desta volta nome "Setas de Galicia y del noroeste peninsular".

Esta obra é unha versión revisada, tanto no texto coma nas fotografías, e con todos os nomes científicos actualizados. Nela descríbense os 500 cogomelos máis comúns de Galicia e o noroeste peninsular, cuns textos amplos e acompañados de 600 fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie e elixindo os exemplares máis representativos. A obra complétase cunha sección gastronómica, na que se inclúen consellos sobre a preparación de conservas e licores e numerosas receitas gastronómicas.

Os autores costeiros tamén teñen publicada outra obra co título "500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular", que é a segunda parte deste traballo e se complementa, elevando o número de especies descritas a 1000.

Máis información

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

Comentarios