sábado. 07.12.2024
El tiempo

500mil crías de ameixa babosa para recuperar o sector marisqueiro de Camariñas

20241118 DXDP semente Camariñas 3
500mil crías de ameixa babosa para recuperar o sector marisqueiro de Camariñas

 Por fin un día feliz pola ría de Camariñas. Despois de moitas queixas, incluídas varias iniciativas dos grupos de PSOE e BNG, polo esquecemento absoluto da Xunta de Galicia, a Consellería do Mar mirou por fin para as nosas mariscadoras e vén de facer entrega de semente .

Ap longo da mañá de onte ñuns, foron sementados na zona marisqueira da ría de Camariñas, máis de 500 mil unidades de ameixa babosa criada no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa por titulados nos ciclos formativos de acuicultura e que están a realizar prácticas e produción de cría de bivalvos cunha bolsa da Consellería do Mar. 

20241118 DXDP semente Camariñas 5

As mariscadoras traballaron encantadas nas tarefas de instalación dos exemplares, 15 bolsas de malla de exemplares cunha talla de 6-7mm e 9 bolsas de malla de exemplares de 7-9mm, en estruturas onde continuarán o proceso de engorde durante ao redor de 3 meses ata que alcancen o tamaño óptimo para a súa reinstalacións nos bancos marisqueiros da zona.

Por fin as mariscadoras de Camariñas volverán ao traballo.

20241118 DXDP semente Camariñas 2

Máis novas

Comentarios