Xoves. 10.10.2024
El tiempo

6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte

6 Bandeiras Azuis ondearán este verán nas praias da Costa da Morte
A Praia do Ezaro tera Bandeira Azul no 2014

9 praias da Costa da Morte luciron o pasado 2013 a Bandeira Azul. Este verán de 2014, a entidade ADEAC-Fee outorga apenas 6 distintivos aos areais da nosa zona.

Parece estrano que unha zona chea de praias paradisíacas teña unha porcentaxe tan baixa de bandeiras, tendo en conta que en Galicia, a comunidade con máis distintivos de toda España, conta con 123 este verán. Pero é que en tempos de crise, os Concellos non empregan esforzos nestas vicisitudes, a pesar de que polo menos, supoñen unha promoción extra turisticamente falando.

Son varias as praias que perden a categoría con respecto ao ano pasado: a da Ribeira e a da Langosteira, en Fisterra, e a praia do Razo, en Carballo, que mantén a da Saíñas e a da Pedra Sol. Mantéñense tamén as apostas de Dumbría polo Ézaro; a de praia de Laxe, que segue a ser a única con Q de Calidade e con Bandeira Azul; e a de San Francisco, en Muros. E se estiramos un pouco, tamén consideramos moi nosa a praia de Caión, aínda no Concello de Laracha.

Cómpre sinalar que o Club Náutico de Camariñas tamén lucirá Bandeira Azul, sendo o único porto da bisbarra e un dos 19 de toda Galicia.

Concello Praia con Bandeira Azul 2014
Laxe Laxe
Dumbría Ézaro
Carballo Saíñas
Pedra do Sal
Muros San Francisco
A Laracha Caión

Novas relacionadas

Fonte

Fonte

Comentarios