Domingo. 13.10.2024
El tiempo

6 praias da Costa da Morte lucirán a Bandeira Azul este verán

6 praias da Costa da Morte lucirán a Bandeira Azul este verán
A praia-de-san-francisco-muros con Bandeira Azul

Un ano máis teremos varias bandeiras azuis nos nosos areais. O caso é que en vez de ir cara arriba, imos cara atrás, pois as cifras non melloran. Chegamos a ter 9 praias en 2009, pero o ano pasado xa quedamos en 6.

Este verán de 2015 teremos 6 praias con esta distinción de calidade que serve como gran reclamo turístico. Repiten a praia do Ézaro, en Dumbría, as carballesas praia das Saíñas e Pedra do Sal, a Praia de Laxe que nunca falla, e a praia de San Francisco de Muros, unha das máis utilizadas do sur da bisbarra. Ademais, a praia Langosteira recupera un distintivo que nunca debeu perder.

E, en canto aos Portos deportivos, só o C. N. de Camariñas recibe a Bandeira Azul, repetindo coma nos últimos anos.

ConcelloPraia con Bandeira Azul 2015
DumbríaPraia do Ézaro
CarballoPraia das Saíñas
Praia Pedra do Sal
FisterraPraia Langosteira (recupera a Bandeira perdida en 2014
LaxePraia de Laxe
MurosPraia de San Francisco

Novas relacionadas

Fonte

Fonte

Comentarios