#8M: Unha andaina e un concerto polo Día da Muller

O Concello de Camariñas prepara dúas accións para 8M.
O mesmo mércores 8 de marzo hai unha Andaina guiada a partir das 17:00h con saída frente á Casa de Pedra, ao carón do Monumento á Muller Traballadora, onde falarán do papel da muller no ámbito laboral. A ruta continuará cara Cerdeiras, onde farán a 1ª parada para abordar o traballo da muller na industria conserveira, para continuar hacia a Area da Vila, e destacar á muller mariscadora.
O seguinte destino será A Reja, onde por en valor a muller labrega. A casa de Estrella de Cándido será a seguinte parada e a súa valía como “compoñedora”, para retomar o último tramo do camiño hasta o Museo do Encaixe, onde recalcar a labor como palilleira da muller no Concello de Camariñas,
Concerto
Xa o 11 de marzo, na Casa de Pedra de Camariñas, ás 18:00h, haberá concerto especial con participación das mulleres do Concello dos grupos: Coro Municipal de Camariñas, Abrindo O Rejo, Mar Devalado, Vaiche Boa, Con toda en banda e Jolpe de Mar
Crónicas do 8M
NOVAS DO 8M
- Ponteceso: #8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños:
- Corcubión: Un obradoiro para mulleres, dous para nen@s e unha andaina para o 8M de Corcubión.
- Santa Comba: #8M: Unha 8M de documental en Santa Comba.
- Cee: #8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar.
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.