A antiga escoliña de Cee convertirase nun centro para terapeutico para enfermos de Alzheimer


Non foi adiante a promesa que facia a Xunta en 2016 de convertir a antiga gardería municipal de Cee nun Centro de Día. A antiga escoliña, sita na rúa Magdalena, non será un centro público, pero en breve convetirase nun centro terapeutico para a atención de personas con demencia ou deterioro cognitivo das comarcas de Soneria e Fisterra. Así o asinaron en convenio pasado venres o Conecllo de Cee e a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Fisterra e Soneira (AFAFES), mediante o cal se cede o espazo para a creación e xestión do centro.
Este centro terapeutico será o único destas características na zona e a él poderán acudir todas aquelas persoas da comarca que sufran calquer tipo de deterioro cognitivo, así como as súas familias e coidadores xa que a intención é convertilo nun "punto de encontro e apoio para todos eles", en palabras de Mouzo.
A idade cada vez máis lonxeva das persoas fai que cada vez sexan máis familias as que se teñen que enfrentar a estas patoloxías e este tipo de servizo faise esencial para cubrir as súas necesidades dotarndo a comarca dun centro para traballar con eles e mellorar a súa calidade de vida.
No acto estiveron presentes Ramón Vigo, alcalde de Cee, Laura Mouzo Romar, presidenta de AFAFES, Pilar Iglesias, concelleira de Presidencia, Benestar Social, Emprego e Igualdade do Concello de Cee e César Bugallo, piscólogo, xerontólogo e coordinador do proxecto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).