Completadas, 10 anos despois do seu comezo, as obras do Plan de redución do risco de inundacións en Carballo
Case 10 anos despois do comezo do proxecto, e 5 anos despois do arrinque das obras, a Xunta dá por concluidas e entregadas as obras do Plan de Redución do Risco de inundación do río Anllóns ao seu paso por Carballo. 10 anos e 6,3 millóns de investimento mediante, o Concello recepcionou as obras a mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace AG-55 e AC-552 na rúa da Cepeira, na parroquia de Santiago de Sísamo.
Esta foi a última das 5 obras grandes dimensións -cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder)- destinadas a evitar asolagamentos na vila, identificada como área de risco potencial significativo de inundación (Arpsi).
Ademais da recén rematadas as outras actuacións desenvolvidas consistiron na construción dunha canle de derivación na zona do muíño do Quinto e na remodelación integral do parque de San Martiño así como da ponte da rúa Sol, onde tamén se creou unha canle de augas altas. A maiores, tamén foi preciso derrubar unha ponte na rúa Fomento e unha edificación na rúa Sol.
Todas estas intervencións demostraron xa a súa efectividade no pasado inverno ao minimizar o impacto das intensas choivas e evitar que se producisen inundacións.
Histórico do Plan







