Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Aula da Rede CeMIT de Fisterra abre novos cursos mentres a de Corcubión está paralizada

A Aula da Rede CeMIT de Fisterra abre novos cursos mentres a de Corcubión está paralizada

Parece que traballa a aula de informática de Fisterra, inaugurada en marzo. Que non así a de Corcubión, igualmente prometida dende novembro do pasado ano, pero quesó conta coa placa na entrada.
De feito, en Corcubión a aula está completamente paralizada, con ducias de equipos absorvendo e absorvendo humidade. Entrementres o Concello non os pode utilizar e segue á espera de que a Xunta se pronuncie e envíe, por fin, o axente TIC prometido, para que organice cursos. Segundo nos sinala o alcalde corcubionés, "estamos pendentes de que una empresa contratada pola Xunta resolva os problemas que existen cos ordenadores. Logo entre a Xunta e o concello seleccionarase ao Axente TIC para dita aula".

O exemplo contrario son Vimianzo, cun Telecentro tremendamente activo en formación TIC, ou Cabana e Ponteceso cun gran traballo de alfabetización dixital. En Camariñas, tamén na rede dende o mesmo período que Corcubión e Fisterra, por agora manteñen a aula de informática aberta de 9:00h a 14:00h dende maio. En breve empezarán con cursos de alfabetización para toda a veciñanza camariñá.

Cursos na Rede CeMIT de Fisterra

Quen si se pon en marcha é a Rede CeMIT en Fisterra, que porá en marcha durante os meses de setembro, outubro e novembro unha serie de actividades gratuítas para impulsar as TIC e a Sociedade da Información. A aula CeMIT de Fisterra situada na praza da Cerca, nº 4 acollerá as seguintes actividades:

  • CREACIÓN DE VIDEOXOGOS
    -Duración: 8 horas presenciais + 22 horas de traballo online;
    - Inscrición: ata o 12 de setembro de 2011.
    - Comezo da actividade: 26 de setembro de 2011.
  • CREACIÓN DE WEBS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES
    -Duración: 8 horas presenciais + 22 horas de traballo online;
    - Inscricións: ata o 10 de outubro de 2011;
    Comezo da actividade: 24 de outubro de 2011.
  • STREAMING DE AUDIO E VÍDEO
    - Duración: 8 horas presenciais + 22 horas de traballo online;
    - Inscricións: ata o 7 de novembro de 2011;
    - Comezo da actividade: 21 de novembro de 2011.

Para a realización da actividade é necesario a inscrición dun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os interesados poderán asistir á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.

Máis información

Poden consultar na aula CeMIT (Telecentro) do Concello de Fisterra chamando ao 981740001 ext. 2069, ou a través da web cemit.xunta.es, no correo electrónico formació[email protected] ou chamando o 902 222 321.

Novas relacionadas

Máis novas TIC

Fonte

Comentarios