Martes. 10.12.2019
El tiempo

A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica

A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica
manifestacion-por-ferroatlantica

Non hai outra. Toca saírmos á rúa. Todos. Porque queda claro que a posible perda de 400 postos de traballo, a medio ou longo prazo, é algo que afectaría a toda a comarca, non só a esas familias.

Este sábado 12 de novembro ás 17:00 horas, na praza do Concello de Cee, toca concentración contra a segregación das actividades de enerxía e ferroaleaxes que tenta perpetrar Ferroatlántica mediante a venta do seu negocio hidroeléctrico.

Moitos consideran que esta operación abocará á ruína da nosa comarca, e por iso toca mobilizarse e que vexan en San Caetano que a Costa da Morte está unida e que non permite que xoguen co noso pan.

Pola rede sociai hai moito movemento, cunha petición de sinaturas que ronda os 2000 apoios e ata cunha páxina de FB ”As nosas centrais non se venden” específica para a loita. Veremos se isto se traduce en mobilización social.

Así explica o Comité as razóns polas que cómpre saírmos á rúa:

panfleto-sobre-a-segregacion-de-ferroatlantica  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios