A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacuación eléctrica


500€, con sorte, e en pago único (non en aluguer) poderán obter os propietarios afectados polas liñas de evacións dos 15 novos parques eólicos que se van desenvolver ao longo destes dous vindeiros anos na Costa da Morte gracias á recentemente aprobada, a chamada “Lei de Depravación de Galicia”.
Non é de estranar pois que os propietarios vimianceses que se achegaron o pasado venres á charla informativa da comprometida Asociación Ventonoso saísen “chafados, frustados”, como nos recoñece o responsable da entidade Jado Diéguez. Porque esperaban que saíse algo máis rentable a cesión dos seus terreos para a instalación dunha torreta ou para que os cables de evacuación dos parques eólicos de Vimianzo (Tourado Eixe e Monte Tourado serán instalados antes de que remate 2019) así como os de Muxía I e II, que van camiño da subestación de Regoelle, que se convertirá nun auténtico nudo servindo de evacuación de 15 parques nas vindeiras datas).
Pero non, no mellor dos casos sacarán eses 500€, se non menos, unhas cifras incribles por ceder parte da túa finca.
Centos de afectados
Son uns 10 km de liñas de evacuación (que en breve se multiplicarán por 10 coa instalación inmediata de outros novos 13 parques), que afectan a uns 166 propietario vimianceses, 63 dumbrieses e un propietario en Zas (a empresa Norfor).

”O xurados de expoliación de Galicia”
Jado recoñece que hai moita desinformación neste aspecto. Por iso esfórzase por explicar o proceso negociador das emrpesas e administracións, para que os propietarios saiban os puntos clave. De feito, pon fincapé no acto fundamental, o de levantamento de actas previas, candos os propietarios teñen que ir ao seu concello. Deben ir aí moi ben informados para poder presentar alegacións.
Explica que as empresas mandan un negociador que vai casa por casa, ofrecendo cartos polas fincas afectadas. Se non aceptas, podes ser expropiado, e o peor é que a día de hoxe ofrecen máis as empresas que os xulgados de expropiación. E aí, Jado ponse firme:
”As valoracións dos xurados de expropiación están privatizadas, e estas consultoras están ás veces ás ordes das eléctricas. Así pagamos as maiorías absolutas, porque estes xurados de valoración convertíronse en verdadeiros “xurados de expoliación”, unha estafa global, unha atropelía total”.
E o explica. “A xente levouse un chasco porque dende hai uns anos se baixaron os prezos das expropiacións ao mínimo. A día de hoxe, a expropiación dos terreos prado/leira onde van as torretas, poden estar a 4€/m2, a pesar de que utiliza datos do ano 89. Pero despois as liñas eléctricas, por onde voan os cables por riba das fincas, o que se chama servidumbre de voo, van cambiando de prezo en función dunha porcentaxe.
”É dicir, pola expropiación dos 10m2 que ocupa unha torreta, un propietario podería sacar 40€ (pago único, si), e a empresa estase “estirando” e ofrece 200-300€”. Moito peor, aínda, está a cousa para a servidumbre de voo. “Están ofrecendo 1,60€/m2 en prado/leira. O xurado de expropiación taxa a un % pero na servidumbre pagábase o 75% ata que dende hai 2-3 anos, se están baixando discrecionalmente os prezos ata o 30%”.
”Tamén se pode ir aos Tribunais”, lembra Jado, pero agora a Xustiza xa non é de balde, e lembra que ademais das taxas (200€) hai que pagar un perito (que ronda os 1000€), e se perdes podes ter que afrontar as costas do proceso. É dicir, pode darse o caso que alguén por 1.000€ que podía cobrar por ceer a súa terra, perde o xuizo e ademais de non gañar os 1.000€, perde outros 2000 e a súa terra”.
O peor, é que “aínda queda moita xente por joder”, recoñece o propio Diéguez, facendo referencia a eses 15 parques eólicos en marcha, dos que iremos falando.
Artigos eólicos
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Novas eólicas
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).