Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe abre as súas portas

A Mostra do Encaixe abre as súas portas
O presidente da Deputacion da Coruna, Valentin Gonzalez Formoso, abriu as portas da Mosta do Encaixe O presidente da Deputación da Coruñna, Valentíin González Formoso, presidiu o acto inaugural da Mosta do Encaixe Por vixésimo sexta vez, Camariñas abre as portas á Mostra do Encaixe de Camariñas; unha das principais citas da #AxendaCostadaMorte desta Semana Santa. Esta tarde tivo lugar o acto de inauguración oficial da mostra. Alí estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Abeal; e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades políticas da Costa da Morte. Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, referiuse ao encaixe como "un sector económico fundamental" do que dependen directamente máis de 300 persoas. A presidenta do organismo provincial de Pontevedra, Carmela Silva, eloxiou o traballos desas "mulleres con garra" que fan que as puntillas de Camariñas "sexan a envexa de todos os lugares do mundo". O alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León, aproveitou o acto inaugural para agradecer a colaboración de todos os que fan posible este evento e que foron capaces de "poñer en valor esta artesanía". Tamén interviu Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, quen eloxiou este "arte excepcional". A Escola Municipal de Camarinas participou no acto inaugural desta tarde A Escola Municipal de Camarinas participou no acto inaugural desta tarde Os integrantes da Escola Municipal de Camariñas tiveron un protagonismo especial antes e durante a inauguración da Mostra do Encaixe xa que se encargaron de abrir a pasarela de moda, pola que durante estes días desfilarán os deseños de prestixiosos deseñadores, co seu particular Pequeencaixe. Os atentados de Belxica impediron que os representantes deste pais estivesen presentes na Mostra do Encaixe Os atentados de Belxica impediron que os representantes deste pais estivesen presentes na Mostra do Encaixe Durante a inauguración da mostra tamén se fixo referencia aos atentados rexistrados esta semana en Bélxicacondeados a través das redes sociais por un bo número de organismos da Costa da Morte -. A cancelación dos voos en Bruxelas impediu que os membros da delegación deste país puidesen estar presentes na XXVI Mostra do Encaixe. Por este motivo, no recinto feiral hai un signo de solidaride coas víctimas. Novas relacionadas Fonte      

Comentarios