A Mostra do Encaixe abre as súas portas
21:31 23/03/16
O presidente da Deputación da Coruñna, Valentíin González Formoso, presidiu o acto inaugural da Mosta do Encaixe
Por vixésimo sexta vez, Camariñas abre as portas á Mostra do Encaixe de Camariñas; unha das principais citas da #AxendaCostadaMorte desta Semana Santa. Esta tarde tivo lugar o acto de inauguración oficial da mostra.
Alí estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Abeal; e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades políticas da Costa da Morte.
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña, referiuse ao encaixe como "un sector económico fundamental" do que dependen directamente máis de 300 persoas. A presidenta do organismo provincial de Pontevedra, Carmela Silva, eloxiou o traballos desas "mulleres con garra" que fan que as puntillas de Camariñas "sexan a envexa de todos os lugares do mundo".
O alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León, aproveitou o acto inaugural para agradecer a colaboración de todos os que fan posible este evento e que foron capaces de "poñer en valor esta artesanía". Tamén interviu Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, quen eloxiou este "arte excepcional".
A Escola Municipal de Camarinas participou no acto inaugural desta tarde
Os integrantes da Escola Municipal de Camariñas tiveron un protagonismo especial antes e durante a inauguración da Mostra do Encaixe xa que se encargaron de abrir a pasarela de moda, pola que durante estes días desfilarán os deseños de prestixiosos deseñadores, co seu particular Pequeencaixe.
Os atentados de Belxica impediron que os representantes deste pais estivesen presentes na Mostra do Encaixe
Durante a inauguración da mostra tamén se fixo referencia aos atentados rexistrados esta semana en Bélxica - condeados a través das redes sociais por un bo número de organismos da Costa da Morte -. A cancelación dos voos en Bruxelas impediu que os membros da delegación deste país puidesen estar presentes na XXVI Mostra do Encaixe. Por este motivo, no recinto feiral hai un signo de solidaride coas víctimas.
Novas relacionadas
- Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe
- Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
- Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe
- A Mostra do Encaixe expándese a Vigo
- Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Camariñas presentouse en Madrid.
- O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Camariñas defende a súa promoción virtual do mar.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Redacción QPC ([email protected])