Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A muller toma o mando do mar en Camariñas

A muller toma o mando do mar en Camariñas
Mesa sobre a Muller no Mar en Camarinas

"Muller e mar”. Ese era o lema da mesa expositiva que se desenvolveu na tarde do pasado xoves 20 de novembro no Faro Vilán. Este foro foi unha das actividades organizadas no marco do proxecto GAC financiado con fondos europeos “Camariñas, o mar todo”, e que pretende recoñecer a labor eterna da muller no mar costeiro.

A mesa serviu para analizar o crecemento do papel da muller no mar nos últimos anos. Así, ademais dos traballos que secularmente realizaron no ámbito doméstico en terra (sen retribución nin recoñecemento), hoxe vemos mulleres que son capaces de defender un plan de explotación marisqueira xerando recursos no ámbito da ría, ou que teñen capacidade técnica para pilotar un dos sinais marítimos máis importantes do litoral español, por non falar do seu importante traballo na conserveira local como man de obra cualificada.

Dolores Bermúdez, patroa Maior da Confraría de Pescadores; Virtudes García Soneira, presidenta da Asociación de Palilleiras Rendas; Mª Dolores Castro Santos, representante das traballadoras de Conservas Cerdeimar; e Cristina Fernández Pasantes, torreira do Faro Vilán, foron as protagonistas, e responderon a unha pregunta clara: “Canto achega e achegou a muller de Camariñas á economía local? De que forma participan na toma de decisións que afectan á comunidade camariñana?”

Durante o encontro proxectouse o audiovisual que leva o mesmo título, que esperamos poder traer de contado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios