mércores. 30.04.2025
El tiempo

Andaina Solidaria en Camariñas pola Ataxia

Ataxia Camarinas
Andaina Solidaria en Camariñas pola Ataxia

O sábado, 7 de setembro, a veciñanza de Camariñas sairá á rúa para realizar unha Andaina Solidaria pola Ataxia. Organizada por 'Con Ataxia pero sin Límites' a andaina comezará ás 12:00 horas no paseo marítimo da Ponte do Porto e percorrerá a Ruta dos Muíños.

Ao remate, haberá callos, tortilla e música da man de Drewkorm DJ, The DJ Save, DJ Nordic, Grupo Noi e As Cansorriñas. Ademais, o evento contará cunha exposición de coches clásicos, inchables, sorteos e máis sorpresas.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 697 828 580.

Charla sobre a luz

A Casa de Pedra acollerá o mércores 24 de xullo unha charla gratuíta para consumidores e consumidoras sobre contratos e facturas da luz. Estará impartida por Elvis Romero, director comercial de Adnergy.

 

Comentarios