Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Asociación de Empresarios volve ao Faro Vilán a pesar dos atrancos da Autoridade Portuaria

  • O Concello de Camariñas, coa súa xestión, consegue manter vivo o único Faro aberto de toda a Costa da Morte
Faro Vilan visitantes
Visitantes nunha das exposicións que organiza a Asociación para manter vivo o único Faro aberto da Costa da Morte
A Asociación de Empresarios volve ao Faro Vilán a pesar dos atrancos da Autoridade Portuaria

Un suposto problema burocrático provocou que o pasado mes a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas tivese que abandonar o Faro Vilán. A entidade que leva máis dun lustro dándolle sentido ao único Faro con vida de toda a Costa da Morte, tivo que recoller as súas cousas e marchar do Faro por culpa da falta de sentido de país da Autoridade Portuaria, que parece empeñada en manter pechados un dos nosos posibles mellores exponentes do noso litoral.

Lonxe de intentar convertilos en referentes turísticos, a Autoridade non fai nin deixa facer, provocando que os faros da comarca, ou estean sendo recuperados para proxectos hostaleiros, ou se manteñan pechados, mortos, ao contrario do que fan en zonas como a Bretaña Francesa, expertos en aproveitalos turisticamente.

Desta volta tivo que ser o Concello de Camariñas o que se puxera en contacto coa Autoridade para resolver o problema. Trala súa xestión, confirma que a Asociación pode seguir usando e dando vida ao Faro, e asegura que porá aos operarios municipais á disposición da Asociación para realizar o traslado.

“A actividade que realiza a Asociación de Empresarios no Faro é vital para Camariñas, solicitei unha entrevista co presidente da Autoridade Portuaria para pedirlle que rebaixe a taxa trimestral que cobra por usar as instalacións”, destaca. Son 2.000euros por trimestre o que cobra a Autopridade Porturaria, unha cantidade a teor da alcaldesa “esaxerada para unha asociación como esta, sen ánimo de lucro, que o único que pretende é facer un ben común para a cidadanía como o é a atención turística nun enclave tan importante para toda a comarca”.

Comentarios