Domingo. 16.06.2024
El tiempo

Bernardino Martínez, Virginia Barros, Belém Tajes e Dolores Lema afondarán sobre a arte nunha nova xornada de Novemares

Novemares en Camarinas
Bernardino Martínez, Virginia Barros, Belém Tajes e Dolores Lema afondarán sobre a arte nunha nova xornada de Novemares

Continúa o proxecto Novemares ofrecendo eses necesarios espazos de reflexión cultural arredor do noso mar. Este vindeiro sábado 25 de maio, e 10:30 a 12:30h, o Museo de Man de Camelle acolle unha nova xornada arredor das Artes no Mar.

Serán personalidades singulares e influíntes as que participen principalmente nestes coloquios abertos.

Intervirá Bernardino Martínez, alma da compañía Aantena, que contará a experiencia das representacións artísticas históricas sobre naufraxios realizadas na comarca.

Virginia Barros, presidenta da comprometida Asociación Mar de Fábula, porá en común algunhas Intervencións artísticas que se poden facer con material de refugallos, que adoita realizar a familia crebeira.

Pola súa banda, a música camariñá Belém Tajes, afondará sobre a creación artística arredor das nosas vilas costeiras.

E finalmente tamén estará na palestra Dolores Lema, Directora mostra do encaixe de Camariñas.

Tras esta actividade, o proxecto volverá o sábado 1 de maio para dar peche a esta temática nunca xornada de conclusións que voltará ter lugar na Fundación Eduardo Pondal, no Couto (Ponteceso).

Máis novas do proxecto

Comentarios