Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Camariñas adía o comezo das actividades municipais ata xaneiro

Camariñas adía o comezo das actividades municipais ata xaneiro
Camariñas a día de hoxe ten menos de 7 casos activos de coronavirus. Pero "tomando como referencia a situación noutros concellos limítrofes, a día de hoxe non nos parece prudente tomar o risco de comezar as actividades e preferimos agardar para ver como evoluciona a situación”. Así explica a alcadesa Sandra Insua a decisión de pospoñer o comezo das actividades municipais (ían comezar en novembro) ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2021.

Os interesados xa poden preinscribirse, unha vez que o programa xa está definido, e durante estes meses levaranse a cabo actividades culturais e deportivas de xeito puntual.
 

comentarios