Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas convirte as Festa do Carmen nun Mercado Medieval Mariñeiro

Camariñas convirte as Festa do Carmen nun Mercado Medieval Mariñeiro
1º Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas

Este ano, a febre das Ferias Medievais exténdese na Costa. Se xa temos a referencia do Mercado Medieval de Corcubión, e tamén as fantásticas apostas mariñeiras de Muros e Muxía, este ano Camariñas convertirase tamén nun Mercado Medieval Mariñeiro.

E o fará coincidindo os 5 días de festa (14, 15, 16, 17, 18 de xullo de 2012) que durarán as Festas do Carmen de Camariñas, que, por suposto, volverán traer as mellores orquestras de Galicia.

Pero non só haberá verbenas. A vila engalanarase de redes e demais aparellos mariñeiros; haberá un acuario xigante para disfrute da fauna mariña; haberá degustación de mariscos da ría de Camariñas e dun "bocadillo xigante"; haberá actividades para pequenos; haberá artesanía con postos de barro, encaixe, coiro, canteiros, tellistas, liño; haberá demostracións de cetrería e unha granxa; e mesmo haberá camelos paseando pola vila encaixeira.

De feito, a mesmísima procesión do Carme cambiará as típicas bandeiriñas de países de todo o mundo pola ambientación medieval.

Todo isto, a pesar de que non podemos ter constancia histórica do potencial mariñeiro en tempos do medievo, como podemos comprobar seguindo os artigos de Víctor Castiñeira.

Recuperando a Festa do Carme

I é que segundo nos comenta un dos membros da Comisión, Rubén Lema, "estes últimos anos notamos unha baixada de xente nas festas do Carme, e a vila estaba quedando algo deserta". Así, "coincidindo coa festa do Carme, a patroa dos mariñeiros, e o día do mar, pensamos que esta feira pode recuperar a vida na vila".

A Verbena

Pero non podemos esquencer a importancia das orquestras en toda festa que se precie. Así, comprobamos que por Camariñas pasarán nada menos que a París de Noia, a Panorama, a Olympus, a Ciclón...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios