Venres. 23.08.2019
El tiempo

Camariñas convoca tres prazas de técnico para a Oficina de Turismo

punto_informacion_turistica_0
punto_informacion_turistica_0
Camariñas convoca tres prazas de técnico para a Oficina de Turismo

O Concello de Camariñas oferta a contratación laboral temporal de dous técnicos para a Oficina de Turismo de Camariñas a tempo parcial, e unha praza a tempo completo. Os postos están dirixidos a persoas formadas en Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; Técnico en Empresas e Actividades Turísticas; grao ou diplomatura en Turismo, en Ciencias Empresariais e Turismo, en Historia do Arte, en Humanidades, en Xeografía e Ordenación do Territorio, ou en Historia.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de xuño, e poderase realizar presencialmente no Rexistro Xeral das oficinas municipais en horario de oficina, ou no Rexistro telemático.

Estas prazas están subvencionadas polo plan da Deputación da Coruña dentro do seu programa de axudas a concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes para o financiamento de gasto persoal das oficinas de turismo.

Comentarios