Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas destrona ao virus cunha festa infantil polas parroquias

Festa Destronavirus
Camariñas destrona ao virus cunha festa infantil polas parroquias

O Concello de Camariñas, ademais das festas do San Pedro da ponte do Porto que comezan xa, e os preparativos para as Festas do Carme, organiza a ‘Festa Destronavirus’, unha gran celebración para todos os nenos e nenas do municipio polo seu bo e exemplar comportamento
durante a pandemia.

A festa comezará este sábado, 3 de xullo, na Ponte do Porto pola festividade do San Pedro. De 18 a 21 horas instalaranse no paseo fluvial
inchables totalmente gratuítos.

Este modelo repetirase por todas as parroquias, coincidindo coas festas patronais de cada unha. O sábado 17 de xullo será en Camariñas, o
domingo 18 de xullo en Santa Mariña, o domingo 1 de agosto en Camelle, o domingo 15 de agosto en Xaviña e, por último, o sábado 21 de agosto en Arou. Os encargados da realización de cada festa son empresas locais.

Comentarios