Luns. 07.10.2024
El tiempo

COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións

COVD COStas da Morte xuno 2021
COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións

Os Concellos de Camariñas e Malpica seguirán polo menos unha semana máis con restricións medias, segundo acordou este martes o comité clínico que asesora ao Goberno galego para facer fronte ao coronavirus.

Todo nunha data importante da pandemia, xa que este sábado 26 de xuño poderase retirar a máscara ao aire libre, segundo determinou o goberno central.

En calquera caso, os datos deixan unha incidencia moi semellante á da semana pasada, arredor dos 60 novos casos rexistrados a 14 días por cada 100.000 habitantes.

Quedan sen ningún caso rexistrado nos últimos 14 días os Concellos de Laxe, Ponteceso, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía e Muros.

MÁIS NOVAS SOBRE O COVID

Comentarios