Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Camariñas mellora a eficiencia do alumeado público e Ponteceso o saneamento co canon eólico

Camariñas mellora a eficiencia do alumeado público e Ponteceso o saneamento co canon eólico

Novas medidas medioambientais tomarán os concellos de Camariñas e Ponteceso tras asinar un convenio coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. Convenio para concesión das subvencións destinadas a proxectos de recuperación medioambiental e mellora do entorno cunha achega de 236.160 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico.

Alumeado público eficiente en Camariñas

O alcalde de Camarinas asinando o convenio con Belen do Campo

O proxecto realizado en Camariñas consistiu na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público. Así, coa subvención de 103.641 euros, o concello acometeu a regulación do nivel de iluminación en seis liñas eléctricas do municipio, nas que tamén estableceu un sistema de control do acendido e apagado das lámpadas e substituíu a maior parte das luminarias por outras de menor potencia.

Rede de saneamento en Ponteceso

O alcalde de Ponteceso asinando o convenio con Belen do Campo

O Concello de Ponteceso, pola súa parte, obtivo unha axuda de 132.518 euros para diversas actuacións. Dunha banda, procedeuse á dotación de rede de saneamento e abastecemento de augas aos lugares de Petón e Canasteves, na parroquia de Tella, e, doutra, instaláronse paneis para a obtención de enerxía solar térmica para a produción de auga quente sanitaria no polideportivo de Corme e no campo de fútbol de Ponteceso. O resto dos fondos destináronse á adquisición de maquinaria para levar a cabo o mantemento dos espazos naturais e zonas verdes do municipio.

Dez municipios da Costa da Morte benefícianse destas axudas

Na súa reunión cos rexedores, Do Campo recordou que este é o terceiro ano consecutivo no que dez concellos da Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Vimianzo e Zas) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 445,5 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que cinco deles dispoñen de ata 126.521 metros de liñas de conexión, polos que recibirán 839.391 millóns de euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios