Camariñas prepara a “maior Lumarea de Galicia” polo San Xoán

19:27 08/06/22
Xa hai cartel para un dos San Xoán máis esperados do ano. A praia Area da Vila acollerá a tarde-noite do mesmo 23 de xuño unha festa espectacular. Arrincará coa festa infantil con inchlables e baile galego, para dar paso á sardiñada gratuita. A Charanga Mekánica amenizará o luscoefusco e xusto ás 0:00h farán un espectáculo pirotécnico para proceder á que chaman a “maior lumarea de Galicia”.
A outra está garantida, coa Orquesta Los Players e a disco Impacto.