Martes. 30.04.2024
El tiempo

Camariñas únese á Rede de Cidades Saudables nun pleno moi económico

fachada maritima de camarinas
Camariñas únese á Rede de Cidades Saudables nun pleno moi económico

O Concello de Camariñas celebrou aprobou no pleno do pasdo venres a súa adhesión á Rede Española de Cidades Saudables. O obxectivo desta iniciativa é promover e protexer a saúde a o benestar da cidadanía, da man dos principios de actuación do proxecto da OMS “Healthy Cities”. Todos os concelleiros e concelleiras votaron a favor agás o voceiro do BNG, que se abstivo.

Na sesión tratáronse tamén varios puntos referentes ó Plan Único Adicional (o PSOE aprobouy en solitario usar os 300.000 euros para gastos correntes), e varias modificacións de crédito, que permite que haia 837.803,47 euros para efectuar pago a provedores 2023. Os edís do PP e do BNG abstivéronse.

Subida de taxas

Cos votos en contra dos grupos da oposición, o grupo socialista aprobaba a modificación da ordenanza pola taxa de servizos de actividades culturais e deportivas, cuxo borrador recolle, por exemplo, as contías das taxas para alugar para uso libre os pavillóns polideportivos por hora, o uso do ximnasio, emprego libre dos campos de fútbol, sen ou con luz artificial, as inscricións nas actividades físico-deportivas municipais ou nos obradoiros. O grupo de goberno explcou que a ordenanza levaba 12 anos sen actualizarse e que a situación actual supuña uns custes son de 431.000 euros e uns investimentos previstos de 30.000 euros. Coa nova subida das taxas esperan ingresar 80.000 euros, gracias á subida que suporá que as clases de música tradicional pasen de 8 a 20 euros, por exemplo.

Pola contra, o PSOE votou abaixo as mocións do BNG (que tiiñan o respaldo do PP) de precisamente reducir as taxas de servizos de actividades culturais de deportivas, así como elaborar un plan de coidado e mantemento das beirarrúas e camiños peonís.

Tamén saíu aprobada, co apoio do BNG e co voto en contra do PP, unha moción socialista para que a Xunta non faga recortes no ensino.

Comentarios