Martes. 10.12.2019
El tiempo

A casa de Tatiana Alves ou a fermosa historia de solidariedade veciñal

As mulleres da Pergoliña facendo entrega da casa a Tatiana Alves
As mulleres da Pergoliña facendo entrega da casa a Tatiana Alves
A casa de Tatiana Alves ou a fermosa historia de solidariedade veciñal

Digno de contar, con todas as letras, a historia de solidariedade do pobo de Camelle con Tatiana Alves. Perdía ao seu home, José Secundino Suárez, un 29 de novembro de 2017, no mar, e ficaba desamparada con 3 criaturas ao seu cargo. Pero non estaba soa, o seu pobo, os seus veciños souberon arropuala, completando esta fin de semana unha auténtica acción social pura, dura e verdadeira.

Dende o primeiro día, o pobo, arredor da Asociación de Veciños A Pergoliña de Camelle, armouse facendo recollidas de cartos, partidos solidarios… para conseguir mercarlle unha vivenda á familia.

Despois de case 2 anos, nos que conseguiron xuntar nada menos que 90.000€, este sábado, o pobo camellán fíxolle entrega “da Casa, que entre todos, conseguimos construirlle a Tatiana e os seus fillos”, explican dende a Asociación. Un acto sinxelo, sen fogos de artificio, facendo lectura de agradecemento para todas as entidades, persoas… que fixeron posible esta auténtica historia de amor.

”Nunca imaxinamos os camelláns que a palabra solidariedade ía ter tan claro exemplo no noso pobo”, recoñen dende a entidade. “Porque tivemos a sorte de ver como se implicaban tanto o pensionista que saca cartos da súa minguada economía, como o obreiro que pon o lombo de forma gratuíta”

Tatiana, que non é de falar demasiado, non parou de dar as gracias a todo o mundo, sen parar, emocionada.

Casa de Tatiana Alves
Así é a nova casa de Tatiana Alves

A entidade non quere deixar sen facer os agradecementos de rigor, que aquí tamén recollemos:

Agradecementos da Asociación A Pergoliña

- Todas as persoas que fixeron aportacións económicas.
- Todos os establecementos de Camelle, tanto polas súas aportacións como por organizar eventos para recadar fondos.
- Todas as empresas, establecementos, equipos de fúbol, colexios, asociacións e institucións que doaron cousas para todos os eventos.
- Todos os artistas que aportaron o seu traballo para a recadación de fondos como magos, cantantes, pintores, fotógrafos...
- Todas as persoas que aportaron o seu traballo desinteresadamente para vender rifas ou lotaría así como pedindo polos pobos veciños. Tamén agradecer aos establecementos que nos facilitaron a colocación de petos.
- Todos e todas que organizaron eventos.
- Todos os que traballaron desinteresadamente nas obras da casa.
- Todos os que doaron materiais, mobiliario e obxectos para a casa en xeral.
- Todas as persoas e empresas que fixeron posible que este proxecto saíra adiante.
- Todo o goberno municipal de Camariñas así como a todos os grupos da oposición.
- Todas as persoas ou entidades que nos ofreceron a súa colaboración pero que finalmente non nos foi necesaria.

Agradecementos polas obras da casa:

- CYMCO GALICIA, S.L
- AMIGOS DE GALICIA
- FERROCAR
- PROSEGUR
- INSTELCA (ELECTRICIDAD PONTECESO)
- SIMÓN SANTOS (ELECTRICIDAD PONTE DO PORTO)
- VOLTA MATERIAL ELÉCTRICO
- PINTURAS RODRI
- ELECTRA DEL GAYOSO, S.L
- FARMACIA EVA ARAÚJO
- MADERAS CASAIS
- ELECTRODOMÉSTICOS CARRIL (XAVIÑA)
- CAROINTERÍA FUENTES
- MUEBLES SAMBADE
- CONFORTTEX
- MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN SOCORRO PÉREZ
- CÁRITAS E PÁRROCO DE VIMIANZO
- TRABAJOS EN PIEDRA LAVANDEIRA
- JOSÉ ÁNGEL POSE ROMAR
- PEDRAS ELABORADAS PORTO
- DECOLUZ S.C
- OLVEIRA XESTIÓN
- ACRUX CORREDURÍA

Todas estas entidades colaboraron desinteresadamente na construción da vivenda, que hai ano e medio tiña estes aspecto:

A historia de Tatiana

Comentarios