![]()
Un total de
3854 persoas visitaron durante o pasado mes de maio as instalacións do faro Vilán; practicamente a mesma cantidade que o ano pasado cando se rexistraron 3991 persoas. Segundo os datos facilitados pola asociación de empresarios e promoción turística de Camariñas, o 79% dos visitantes proceden da propia comunidade fronte o 15% que veñen de territorio nacional.
Dentro da mesma comunidade, destacan os procedentes da provincia de A Coruña, que representan o 71% dos visitantes que proceden de Galicia. Entre os visitantes nacionais, destaca que a metade procedían de Madrid. En canto aos turistas estranxeiros, destacan os procedentes de Francia, cun 23% do total dos visitantes, seguido polos procedentes de América (18%) e Alemaña (15%).
Exposición
Durante este mes a sala de exposicións do faro Vilán - xestionada pola AEPT de Camariñas - acolle a mostra de escultura “Raíces” de Agustín Freire Gago. O horario de visita é de luns a domingo en horario de 11 a 14 horas e de 15:30 a 20 horas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación Empresarios e Promoción Turística de Camariñas